Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Dictado de tríadas para 2º GP

Imaxe
Para que os alumnos e alumnas de 2º GP continúedes o voso entrenamento de recoñecemento de acordes tríadas, propoño que realicedes o dictado de tríadas da páxina teoria.com : unha páxina chea de ferramentas moi útiles para nós. Clicade na imaxe e...a traballar!

Dictado 11 para alumn@s de 1º GP

Despois dunhas longas vacacións nas vosas tarefas extraordinarias...voltamos ó entrenamento auditivo. Traballaremos distintos contidos deste 1º curso: dúas voces, cun compás dispar, en modo dórico e con pequenas pasaxes cromáticas.  Xa tedes as claves para resolver este dictado. Así que, nesta ocasión, non vos proporcionarei o comezo.

Dictado 10 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
Ó longo destes días temos moitas maneiras de poder disfrutar do entroido (se a choiva o permite...): os que viaxen a terras ourensanas deberán correr diante dos cigarróns, peliqueiros, pantallas,... ou poderán escoitar e ver danzar os folións das máscaras. Na nosa comarca non temos esas figuras tan representativos do entroido, mais estes días a troula entra en tódalas casas. Así entre baile de entroido, lambonadas varias (freixós, torradas, orellas...) haberá que facer un esforzo para continuar co noso entrenamento. O dictado desta semana é unha melodía popular "Eu veño de troula" ...que xa cantamos anos atrás.  Velaí o comezo do dictado:

Dictado 9 para alumn@ de 1º GP

Imaxe
Este dictado é unha adaptación dunha marcha do compositor romántico  Robert Schumann icluída no seu Album para a xuventude : unha obra creada para o estudo dos pianistas máis novos Preparade 16 compases e... a traballar! No seguinte vídeo (no minuto 1.30) podedes escoitar esta marcha, a segunda peza do álbum.

Dictado 8 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado desta semana é unha adaptación dunha obra de Haendel: Canticorum Jubilo do seu oratorio Xudas Macabeo composto no ano 1746 e estreado en Londres. O seu comezo: E por último, recoméndovos a seguinte interpretación do Canticorum Jubilo:

Repertorio do Coro de GP: "The seal lullaby" de Whitacre

Imaxe
Nos vindeiros ensaios adicarémonos á obra do compositor americano  Eric Whitacre   "The seal Lullaby" (O canto de berce da foca ) na que o compositor se inspira no  Libro da selva,  a historia de  Kipling , que comeza co canto de berce da foca ó seu pequeno. Na súa orixe era un encargo para formar parte da banda sonora dunha película de animación que non chegou a producirse, nin tampouco chegou a publicarse a partitura. Conta Whitacre que a súa melodía servía para adormecer ó seu pequerrecho, ata que os Towne Singers pedíronlle un arranxo para darlle unha nova vida a este delicada obra. A seguinte gravación compártea o propio compositor na súa páxina  web A continuación, podedes ver ó compositor dirixindo a súa obra. Eric Whitacre conducts Junges Vokalensemble Hannover: The Seal Lullaby - Concert from 15.01.2011 in Markuskirche Hannover (Germany) -

Dictado 7 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado deste semana é un minueto de J.S. Bach: un respiro...xa que voltamos ós oito compases e unha melodía máis amable para a nosa tarefa de escribila. O comezo desta melodía:

Dictado 6 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado desta semana é unha adaptación da aria Non posso vivere de Giacomo Carissimi (1605-1674), un compositor da Escola Romana que foi o primeiro en introducir o acompañamento instrumental nas igrexas.  Velaí o comezo do dictado

Dictado 5 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
Retomamos o noso traballo auditivo. Neste dictado escoitaremos unha melodía dunha aria do músico italiano  Girolamo Frescobaldi  (1583-1643), Se l'aura spira . Frescobaldi destacou coma organista, sendo para este instrumento xunto co clave para o que deixou escrito moito repertorio da súa autoría. Velaí o comezo deste dictado. Preparade 16 compases. No seguinte vídeo escoitaredes Se l'aura spira axustada ó tempo que lle corresponde ( e non o proposto no dictado, mais era o axeitado para a nosa tarefa)