Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2013

Música pola Paz

Imaxe
Hai 300 anos varios países europeos (España, Portugal, Inglaterra, Francia, Austria...) poñían fin á Guerra da Sucesión Española. Toda Europa loitando por impoñer quen sería o novo rei de España. E que tódolos países tiñan os seus intereses: uns por manter ou ocupar novos territorios, outros por amosar quen era o máis poderoso...No ano 1713, na cidade holandesa de Utrecht, asinan a Paz.  En Inglaterra, o compositor barroco Haendel recibe o encargo dunha obra para conmemorar esta Paz. Así que compón  Utrecht: Te Deum e Iubilate . No seguinte vídeo escoitaredes  Gloria  e  "Como era ó principio"  do  Iubilate pola Paz de Utrecht  de Haendel

Dictado 12 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este dictado é un fragmento da Habanera da ópera Carmen , escrita polo compositor francés Bizet, que aproveitamos para traballar pasaxes cromáticas. Podedes completar a melodía a partir destas pistas:

Curso con Basilio Astúlez

Imaxe
Se queredes disfrutar aínda máis cantando, debedes matricularvos no curso que dará Basilio Astúlez no noso conservatorio. Pasaremos tres días fantásticos. Neste curso pódense matricular profes, alumn@s de Grao Profesional e alumn@s de Grao Elemental. Eu xa estou matriculada, e ti?

Dictado 5 para alumn@s de 2º GP

Imaxe
Este dictado 5 é unha Polonesa do Caderno de Anna Magdalena Bach. Algúns compases non presentarán ningunha dificultade. E, como falamos nalgunha clase, aproveitade tódolos recursos musicais que tedes. Sabendo a tonalidade da melodía, debemos estar alerta á modificación do VI e/ou VII grao, non?. Pois, adiante:

Coral BWV 255

Imaxe
Nas clases de Linguaxe Musical de 2º GP estamos traballando a lectura de claves, mentres cantamos corais de Bach, coma este coral BWV 255, "Ach Gott und Herr"

Dictado 11 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O dictado desta semana é un fragmento dun tema dunha sonata de Haydn. Xa que esta semana adicamos o noso traballo ás fusas, neste dictado aparecen unhas cantas...Como consello, traballade coa subdivisión. Insisto, coma sempre: reparade na tonalidade! Velaí varias pistas para completar. 

O son do lixo

Imaxe
En moitas ocasións non somos conscientes dos tesouros que temos: os nosos instrumentos. Comezamos os nosos estudos no conservatorio e poñen nas nosas mans un fermoso instrumento. Fermoso o seu son, fermosa a súa apariencia. Uns teñen preciosas madeiras, outros metais cun brillo case máxico, un verniz chispeante. Mais neste mundo non todos contan coa mesma fortuna. Nunha localidade de Paraguai, sumida na pobreza, existe unha orquestra que toca con instrumentos feitos con lixo. Esta orquestra causa admiración polo seu inxenio, pola súa tenacidade nunhas condicións que non deberían existir para ningún humano, e menos, para nen@s. Velaí un fragmento do documental que trata desta orquestra, a  Landfill Harmonic