domingo, 10 de maio de 2015

Son, Enerxía e Ondas

Despois de tanto tempo de inactividade neste blog, recuperamos as enerxías precisamente para seleccionar un vídeo no que explica a transformación da enerxía para converterse en son.

Un vídeo que resume o complexo tema de acústica para os alumnos e alumnas de 2º GP


xoves, 20 de novembro de 2014

Dictado de tríadas para 2º GP



Para que os alumnos e alumnas de 2º GP continúedes o voso entrenamento de recoñecemento de acordes tríadas, propoño que realicedes o dictado de tríadas da páxina teoria.com: unha páxina chea de ferramentas moi útiles para nós.

Clicade na imaxe e...a traballar!



domingo, 11 de maio de 2014

Dictado 11 para alumn@s de 1º GP

Despois dunhas longas vacacións nas vosas tarefas extraordinarias...voltamos ó entrenamento auditivo. Traballaremos distintos contidos deste 1º curso: dúas voces, cun compás dispar, en modo dórico e con pequenas pasaxes cromáticas. 

Xa tedes as claves para resolver este dictado. Así que, nesta ocasión, non vos proporcionarei o comezo.





sábado, 1 de marzo de 2014

Dictado 10 para alumn@s de 1º GP



Ó longo destes días temos moitas maneiras de poder disfrutar do entroido (se a choiva o permite...): os que viaxen a terras ourensanas deberán correr diante dos cigarróns, peliqueiros, pantallas,... ou poderán escoitar e ver danzar os folións das máscaras. Na nosa comarca non temos esas figuras tan representativos do entroido, mais estes días a troula entra en tódalas casas.

Así entre baile de entroido, lambonadas varias (freixós, torradas, orellas...) haberá que facer un esforzo para continuar co noso entrenamento. O dictado desta semana é unha melodía popular "Eu veño de troula"...que xa cantamos anos atrás. 



Velaí o comezo do dictado:


venres, 21 de febreiro de 2014

Dictado 9 para alumn@ de 1º GP


Este dictado é unha adaptación dunha marcha do compositor romántico Robert Schumann icluída no seu Album para a xuventude: unha obra creada para o estudo dos pianistas máis novos




Preparade 16 compases e... a traballar!



No seguinte vídeo (no minuto 1.30) podedes escoitar esta marcha, a segunda peza do álbum.


venres, 14 de febreiro de 2014

Dictado 8 para alumn@s de 1º GP


O dictado desta semana é unha adaptación dunha obra de Haendel: Canticorum Jubilo do seu oratorio Xudas Macabeo composto no ano 1746 e estreado en Londres.





O seu comezo:



E por último, recoméndovos a seguinte interpretación do Canticorum Jubilo:



luns, 10 de febreiro de 2014

Repertorio do Coro de GP: "The seal lullaby" de Whitacre



Nos vindeiros ensaios adicarémonos á obra do compositor americano Eric Whitacre "The seal Lullaby" (O canto de berce da foca) na que o compositor se inspira no Libro da selva, a historia de Kipling, que comeza co canto de berce da foca ó seu pequeno. Na súa orixe era un encargo para formar parte da banda sonora dunha película de animación que non chegou a producirse, nin tampouco chegou a publicarse a partitura.

Conta Whitacre que a súa melodía servía para adormecer ó seu pequerrecho, ata que os Towne Singers pedíronlle un arranxo para darlle unha nova vida a este delicada obra.

A seguinte gravación compártea o propio compositor na súa páxina web



A continuación, podedes ver ó compositor dirixindo a súa obra.


Eric Whitacre conducts Junges Vokalensemble Hannover: The Seal Lullaby -
Concert from 15.01.2011 in Markuskirche Hannover (Germany) -